Gandhi
Ollo por ollo, e o mundo ficará cego.
É dicir, que alguén ten que transixir, que se non a ver quen carallo nos cruza a acera.
A traxedia da vellez non consiste en ser vello; se non en que se é xove!
Decía un vello zapateiro de Antas que o día que o demo lle levou a forza, debera llevarlle tamén a intención. Pois iso…
Ollo por ollo, e o mundo ficará cego.
É dicir, que alguén ten que transixir, que se non a ver quen carallo nos cruza a acera.
Tan só hai dous días no ano nos que nada se pode facer. Un chámase ONTE e outro MAÑÁN
Semella que todo quisque nos lembra aquelo de que hai que vivir o día a día e deixarse de landainas.
Quen ten can, gato e muller
sempre terá algo que aprender
[Nesto non vou comentar nadiña, que hai moita suspicacia co asunto. Limítome a recoller]
A porta mellor pechada é aquela que pode deixarse aberta
Esto ven sendo como aquelo de que “quen fixo a lei, fixo a trampa”. Unha valoración apolóxica das liberdades persoais.
“A vida é o que che pasa mentres estás ocupado facendo outros plans”
Cando te decates a vida pasou; de xeito que espabila e vive!
“As liortas dos señores lense no lombo dos labregos”
A corda sermpre racha polo sitio máis feble.
“A seducción é maldita; ainda que ise non é o menor dos seus encantos”
Que gratificante resulta o arte da seducción, por máis mala prensa que teña!!!
“Resulta un auténtico suplicio cando te privan dalgunha cousa; máis cando te privan de todo resulta un alivio”
Seméllase a aquelo de que canto máis teño, máis quero.
“Na vida hai que optar por gañar diñeiro ou por gastalo: non hai tempo para as duas cousas”
Vita brevis e tempus fuggit. Aproveitaa…
“A máis longa camiñata comeza cun pasiño”
Nada é insignificante cando forma parte dun todo.